“II Semana do Patín”
A vindeira semana,
dende o 31 de Marzo ao 4 de abril, e si o tempo o permite, celebraremos no
colexio a “II Festa do Patín” . Está
convitado a participar todo o alumnado.
Nesa
semana realizaremos actividades e xogos subidos nos patinetes e patíns no
tempo adicado ao recreo e nas sesión de Educación Física. Aprenderemos as
distintas disciplinas deportivas; o uso e mantemento do material; educación
vial; seguridade; beneficios e riscos dos patíns, etc.
Para poder participar simplemente terán que traer calquer
artiluxio que patine polo chan (patíns,patíns con manillar, skate, long-skate, waveboard, patíns en liña…
E obrigado
o uso de CASCO (vale o da bici), e
moi recomendable as rodilleras, coderas
e guantes, sobre todo se os nenos son pequenos ou non teñen moita
experiencia. Pensade que a acividade será no patio do recreo e o terreo e moi
abrasivo e mancaranse fácilmente cando caian. Non poderemos usar a pista do
pavillón porque o chan e de goma e non patinan as rodas.
Para o fácil
desenrolo da actividade rogamos que os
que NON empreguen o transporte escolar traian o material diariamente; e os que veñan no transporte poderían
traer o luns o material e levalo de
volta o venres no maletero do
autobús. Gardaríamolo no almacén do colexio toda a semana.
Marcar o material có nome do alumno axudaría
a organizar a actividade.
Por último. Non vos
sintades na obriga de mercar material, non é necesario e podemos usar o que
temos na casa ou o que nos poden prestar. Penso que moitos de vos xa tedes
na casa material e non vos importaría que outro neno, que non o ten, o use
mentres non sexa o turno do voso fillo. Se fora o caso agradeceríamos
enormemente que me fixerades saber si
estades dispostos a que o voso fillo comparta o material cando lle toque
descansar.
Un saudo e gracias pola vosa
colaboración.
O profesor de EF:
Luis Escolar Muñoz
No hay comentarios:
Publicar un comentario